Batalla de Ethandun | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Memorial da Batalla de Ethandun (2000). | |||||||||
| |||||||||
Líderes | |||||||||
Alfredo o Grande | Guthrum | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Descoñecidas, posibelmente 3.000-4.000[1] | Descoñecidas, posibelmente 3.000[2] |
A Batalla de Ethandun ou de Edington foi unha batalla que tivo lugar no reino de Wessex, entre o 6 e o 12 de maio do 878, sendo os bandos que se enfrontaban as forzas inglesas de Alfredo o Grande, por unha banda e, por outra, forzas de daneses viquingos lideradas por Guthrum o Vello.
Tras loitar gran parte do día, o rei Alfredo resultou vencedor, grazas a unha vella técnica usada polas lexións romanas, que consistía en crear un muro defensivo cos escudos. Os daneses fuxiron cara ao Danelaw, sendo derrotados ao fin en Chippenham, fortaleza controlada por eles, tras catorce días de cerco. Unha das consecuencias da derrota danesa, foi que Guthrum foi bautizado no cristianismo. Alfredo foi o seu padriño e quen o elevou da pila bautismal.
Pouco máis tarde foi asinado o Tratado de Wedmore e despois o Tratado de Alfredo e Guthrum.
A opinión xeneralizada sobre a localización da batalla é que foi en Edington, Wiltshire, aínda que hai dúbidas respecto diso. Baralláronse outras zonas como Edington, Somerset.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search